Español English

Yamwi

Yamwi (Yet Another Maxima Web Interface) é un proxecto consistente no desenvolvemento dunha interface web ó Sistema de Cálculo Simbólico Maxima. Dita interface materialízase nun script escrito en php.

A instalación deste interface permitirá o acceso a procedementos matemáticos e gráficos a través da rede, tanto no eido do ensino como profesional.

Yamwi distribúese con licenza GNU-GPL.


Que é Maxima-CAS?

Maxima é un sistema para manipular expresións simbólicas e numéricas, incluidas a derivación, integración, desenvolvementos de Taylor, transformadas de Laplace, ecuacións diferenciais ordinarias, sistemas de ecuacións lineares, polinomios, conxuntos, listas, matrices, tensores, etc. Maxima acada resultados numéricos de alta precisión utilizando fraccións exactas, enteiros e números decimais de precisión arbitraria. Maxima pode debuxar funcións e datos en dúas e tres dimensións, así como compoñer animacións.

Cal é a historia de Maxima?

Maxima descende de Macsyma, o lexendario programa de cálculo simbólico desenvolvido a finais dos sesenta no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts. Macsyma foi revolucionario no seu momento, e moitos outros sistemas, como Maple e Mathematica, inspiráronse nel.

A póla de Macsyma que leva o nome de Maxima foi mantida por William Schelter dende 1982 ata o seu pasamento en 2001. En 1998 obtivo permiso do Departamento de Enerxía dos EEUU para liberar o código con licenza GNU General Public License (GPL). Foron os seus esforzos e coñecementos os que fixeron posible que Maxima sobrevivise.

Que se necesita para facer funcionar Maxima?

Maxima traballa sobre Linux, Mac e Windows. Anque o proxecto centra a súa atención no motor matemático, outros proxectos, varios deles aloxados tamén en Sourceforge, adícanse ó desenvolvemento de interfaces gráficas de usuario. Dende a páxina do proxecto se pode atopar toda a información e os ficheiros necesarios.

Algunhas capturas de pantalla de Maxima traballando sobre varios contornos:

Onde hai información sobre Maxima?

E de que vai Yamwi?

Con Yamwi instalado do lado do servidor, será posible facer todo tipo de cálculos matemáticos e gráficos a través da web. Ademáis, o administrador poderá engadir novos módulos que permitan extender as capacidades de cálculo para cubrir necesidades concretas.

Para máis información, véxase a páxina do proxecto en http://sourceforge.net/projects/yamwi.

Hai catro modos de traballo: que os resultados se amosen en formato ASCII Art mellorado, en ASCII Art simple, que se dean con ficheiros binarios feitos con TeX ou baseado no sistema MathJax. O administrador pode selecionar un deles despois de feita a instalación (véxase o ficheiro README no arquivo comprimido); por defecto, Yamwi amosa os resultados en formato ASCII Art mellorado.

Capturas en modo ASCII Art mellorado:

Capturas en modo ASCII Art:

Capturas en modo TeX binario:

Capturas en modo MathJax basado en TeX:

Yamwi dende teléfonos móbiles:


Android

Nokia

Instalación

O acceso ás fontes pódese facer dende Sourceforge.

Unha vez baixado o arquivo fonte comprimido, colóqueo nalgún lugar accesible para apache e execute as seguientes instrucións (se cadra necesite permiso de superusuario):

tar -xvf yamwi-yy.mm.tar.gz
sh yamwi/INSTALL

Vexa o arquivo README_gl para máis información.


Mario Rodríguez